Galego   Presentación de XLOGO

XLOGO e a linguaxe LOGO.

XLOGO é un intérprete LOGO escrito en Java . Actualmente soporta oito idiomas (Francés, Inglés, Galés, Español, Esperanto, Portugués, Ãrabe e Galego) e distribúese baixo licenza GPL. Polo tanto, este programa é libre en canto a liberdade e gratuidad. ( Texto da licenza en Inglés)

LOGO é unha linguaxe desenvolvida nos anos 70 por Seymour Papert. É unha linguaxe excelente para comezar a estudar programación, e ensina o básico achega de temas como bucles, condicionais, procedementos, etc. O usuario pode mover un obxecto chamado "tartaruga" dentro da pantalla, usando instrucións (comandos) simples como "avanza", "retrocede", "xiradreita" e similares. Con cada movemento, a tortuga deixa un "rastro" (debuxa unha liña) tras dela, e deste xeito créanse gráficos. Tamén é posible operar con palabras e listas.
Por exemplo, avanza 100 xiradreita 90 fará que a tortuga se mova 100 "pasos" cara a adiante, logo vire á dereita un ángulo de 90°.

Este estilo gráfico fai de Logo unha linguaxe ideal para principiantes, e especialmente fácil cara os nenos.

Java

Como mencionamos, XLOGO está escrito en Java. Java é unha linguaxe que ten a vantaxe de ser multi-plataforma; isto é, XLOGO poderá executarse en calquera sistema operativo que soporte Java. Tanto se vostede usa Linux, Windows ou MacOS, XLOGO funcionará sen problemas.

IMPORTANTE: Para poder executar calquera aplicación escrita en Java, vostede ten que ter instalada e funcionando no seu ordenador "Java Runtime Environment" (JRE). Pode descargarse gratuitamente da seguinte dirección:
http://java.sun.com/javase/downloads/index.jsp